The Skarnivals pecha o ano en Mondoñedo

Este sábado 4 de novembro, The Skarnivals pechou o seu ano de concertos en Mondoñedo no Festival Breason, xunto con outros e outras destacadas artistas galegas como Fillas de Cassandra, Ruxe Ruxe, Los Rastreadores e Grande Oso.
Foi un concerto de 75 mintuos, onde a enerxía e a alegría invadiron o escenario, a pesar das condicións meteorolóxicas adversas que obrigaron a trasladar o evento ó Pavillón Municipal do Complexo Deportivo Viñas da Veiga.
Nesta última actuación do ano, The Skarnivals fixo soar as súas melodías e ritmo, interpretando cancións do seu recente álbum, Latexo, e tamén os favoritos do público máis veterano.
Un ano de regreso con gran acollida
The Skarnivals volveu este 2022 tras un período de inactividade co seu novo traballo, Latexos. A pesar da baixa exposición da banda durante a pandemia, o novos sinxelos como Curvos ou Latexos e o novo álbum foron moi ben acollidos polo público do grupo.
Un bo recibimento que tamén se deu no último vídeoclip da que podería ser a canción favorita do público deste novo álbum, Anhelos no Ar; e nas redes sociais.