SKARNIVALS PECHA O PRIMEIRO DÍA DO REVENIDAS CUN CHEO NO ESCENARIO PRINCIPAL

O ska/punk/folk/bailongo de Skarnivals trouxo a traca final ó primeiro día de festa Festival Revenidas de Vilaxoán.

O público do festival volcouse coa banda cun cheo e unha enerxía que non parou de desbordar en ningún momento do concerto.

Un concerto que comezou coa primeira canción do novo disco de Skarnivals. Cuervos prendeu a mecha da que sería a última celebración da noita.

De esta manera, podiemos escoitar moito do novo do grupo bueués, pero tamén das cancións máis icónicas da banda coma Historias do Mar ou Foliada Verdesncente.

Asimesmo, coma sempre houbo tempos para os agradecementos. Nesta ocasión para a xente traballadora do festival, para o equipo da propia banda e para un colectivo moi especial.

E é que a coñecida banda do caracol ten cariño por outro animal, un pouco máis grande, do que foi Día Internacional o 7 de setembro: o manatí.

Foi así como o grupo e máis todo o público asistente uníronse para dedicarlle un berro e un coro ó grito de «ma-na-tí, ma-na-tí».

Poderíase considerarse este o broche «especial» para un concerto tan multitudinario, coma especial.

«Adorad al manatí»

Se con algún animal é identificado o grupo Skarnivals é co caracol que conforma parte do seu logotipo. Sen embargo, empeza a ser coñecida a admiración da banda por outro animal, o manatí. E é que a o conxunto de Skarnivals ten por habitual o cántico «adorad al manatí» como grito de motiviación en ánimo previo ós concertos, como xa puidemos ver en varias ocasión nas súas redes sociais.