Skarnivals pecha polo o ano polo alto

Tras un período de inactividade longo durante a pandemia, o grupo de ska/punk/folk/bailongo Skarnivals pecha polo alto o ano cunha volta á actividade nesta tempada 2022/23.

A pesaren deste parón, o grupo The Skarnivals puido recibir a mesma acollida en cariño do público no seu novo traballo Latexos e na nova Xira Latexos 2023.

Ademais, esta non foi a única sorpresa na volta do grupo. A banda está a experimentar unha ‘segunda xuventude’. Algo que se reflectiu nas salas, festivais, e incluso nas redes sociais.

Os niveis de interese subiron durante todo o ano

Co lanzamento de Latexos houbo un cambio de estratexia de comunicación dixital. Dous elementos que fixeron que o grao de interese non parase de subir este ano. Un aumento que resultou neste peche de ano polo alto para Skarnivals.

Dende abril do ano pasado, o grupo ven interactuando máis co público. E así como ofrecen unha perspectiva moito máis humanizada e persoal do proxecto.

Isto está a reforzar os vínculos co público de sempre, que se está envorcando coa banda e cos concertos. Á vez, a banda está a chegar tamén a un novo público dende mediados da tempada. Polo que a comunidade non para de medrar.

Todo isto está a verse mesmo nas métricas das redes sociais da banda. De feito, en Instagram, o alcance a novas contas sube a pesar do algoritmo. Pola súa parte, o nivel de interese creceu máis de 6 puntos porcentuais nesta tempada, acadando un 9,21% de media dende o inicio da estratexia.