The Skarnivals publican el vídeoclip ‘Anhelos no ar’ para conmemorar o Día mundial do Alzheirmer

  Tamén sacan unha camiseta conmemorativa e solidaria, todos os fondos recadados irán destinados a Fagal (Federación de Asociaciones Gallegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y Otras Demencias).

Mañá 21 de setembro, Día Internacional do Alzheimer, a banda de Bueu Skarnivals lanza o videoclip do tema ‘Anhelos do ar’, cuxa letra fala desta enfermidade dexenerativa. O vídeo estará dispoñible na canle de youtube do grupo mañá 21 de setembro a partir das 12:00h do mediodía.

Ademais, esta acción vén acompañada do lanzamento dunha camiseta solidaria deste sinxelo. Pola parte dianteira a camiseta ten o debuxo da folla dun carballo. A folla como símbolo de cada un deses recordos que as persoas que padecen esta enfermidade van perdendo co paso do tempo.

Por detrás, a camiseta leva escrita unha das frases da canción “Son, fun, serán e serei, non polo que sei, polo que ti sabes que somos. E hasme cantar outra vez, a través destes ollos que fraguan anhelos no ar…”. Algunhas desas palabras aparecen borrosas, nunha nova alusión a eses recordos que cada vez son menos nítidos. A camiseta pode comprarse a través da web do propio grupo na sección merchandising. Todos os fondos recadados coa venda destas camisetas irán destinados a Fagal, Federación Alzhéimer Galicia, unha entidade sen ánimo de lucro composta por 15 asociacións galegas de alzhéimer que suman máis de 5.000 familias.

‘Anhelos no ar’ forma parte de Latexos, o disco publicado por Skarnivals en xaneiro deste mesmo ano. Este traballo composto por nove temas, que fusionan diferentes estilos pero que seguen a astilla do ska punk folk que os caracteriza. Na actualidade o grupo está composto por: Kome (voz), Adriá (guitarra), Alexandre (guitarra), Chavete (trompeta), Héctor (trombón), Javi Chanke (batería), Txelas (gaita) e Ziku (bajo).