Descubrindo «Latexos»: O novo disco enérxico e reivindicativo de Skarnivals
A banda Skarnivals, recoñecida pola súa fusión de ska, punk e folk galego, lanzou este ano o seu novo álbum titulado «Latexos«. Un disco no que, en cada canción, podemos sentir latir o corazón da banda.
Neste novo traballo teñen colaboracións destacadas como «Latexo» xunto a García MC e «Volveríame a Erguer» con Juankar de Boikot, de forma que o álbum mergúllanos nun universo musical cheo de enerxía e compromiso.
A continuación, exploraremos as cancións máis relevantes de «Latexos» e as mensaxes que transmiten, sempre impregnadas do inconfundible estilo reivindicativo de Skarnivals.

«Latexos» e «Anhelos no ar», dúas das máis acollidas polo público
Unha das cancións máis recoñecidas de «Latexos» é, propiamente, «Latexo». Neste tema, Skarnivals únese a García MC para crear unha poderosa fusión de ska e rap. A canción, coas súas letras contundentes e ritmos enérxicos, transmite unha mensaxe de loita pola liberdade e pola propia cultura. A colaboración de García MC aporta unha nova dimensión á música de Skarnivals, mostrando a súa capacidade para experimentar e expandirse cara a novos horizontes sonoros.
Outra canción destacada é «Anhelos no ar», unha emotiva balada que aborda un tema sensible: o alzheimer. Nesta peza, Skarnivals mergulláse nunha temática máis introspectiva e persoal. Coas súas letras profundas e melodías melancólicas, esta canción pretende amosar unha pequena parte do que pode supor enfermidade.

Sen perder o foco social
«Hijos de la vergüenza» é outro dos temas que non pasa desapercibido en «Latexos». Unha canción enérxica e reivindicativa na que Skarnivals alzan a súa voz contra as inxustizas sociais e os problemas que afectan á nosa sociedade.
Este tema conta con guitarras potentes e ritmos acelerados, deixando unha canción que pretende cautivar aos escoitantes e invitar a pensar outra vez no que segue atañéndonos.
En definitiva, «Latexos» mantén a liña reivindicativa característica de Skarnivals, pero tamén ofrece unha mirada máis persoal e unha apreciación pola cultura. É e que é un disco que non só pretende entreter, senón tamén convidar á reflexión e inspirar á acción.
Asimesmo, a mestura de ska, punk e folk galego, continúa deixando un graniño de area na escena musical e cultural, na que cada vez hai máis variedade de mensaxes e sons.
Descubre «Latexos» e déixate levar pola forza e a autenticidade deste novo traballo.