ANHELOS NO AR, A ÚLTIMA INCORPORACIÓN DA XIRA LATEXOS

A última incorporación da Xira Latexos é Anhelos no Ar. O tour de Skarnivals está en constante renovación e é por iso esta foi última incorporación do tour de verán.

E é que, dende que saíu o novo traballo da banda, Latexos, a familia Skarnivals non parou de reproducila e apoiala.

Anhelos no ar é o último tema do noso novo traballo, que supón a última latexada deste álbum, pero non de Skarnivals.

Trátase dun tema nostálxico, con moitos aires da terra, adicado ó amor da familia e das amizades.

E que nesta canción, contamos a historia dunha persoa que padece de alzhéimer, en primeira persoa, a través das súas lembranzas.

Todo isto a través dunha letra moi vinculada ó mar, a marcha das lembranzas coa enfermidade, pero tamén a identidade que queda no recordo e no cariño das persoas achegadas.

Corda fregada por primeira vez

Por primeira vez, incorporamos a corda fregada a un traballo propio, que nos axudou a evocar esa nostalxia da ledicia e do pasado que desaparecen.

Ao mesmo tempo, incorporamos un solo de trombón e trompeta que da inicio e fin á nosa historia, e pecha o ciclo deste tema coa cabeza alta, como merecía a súa historia.

 

Unha canción que se incorporar con Hijos de la vergüenza

Esta canción chegou aos escenarios ao mesmo tempo que Hijos de la vergüenza, unha vez máis na nosa vila, Bueu, no festival Sons no Urbano!

Neste caso, é unha canción cunha letra moito máis reivindicativa e unha música moito máis enérxica. Outro tema deste novo traballo, Latexos, que non para de sumar reproducións.